Xela Arias, quedas en nós

Xela Arias, quedas en nós

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497822428
Año de edición:
ISBN:
978-84-9782-242-8
Páginas:
224
Encuadernación:
TAPA DURA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

Descuento:

-5%

Antes:

18,45 €

Despues:

17,53 €
IVA incluido

Máis de cincuenta persoas participan neste libro colectivo, "Xela Arias, quedás en nós", que constitúe unha homenaxe con motivo do primeiro cabodano do pasamento da poeta e tradutora. O volume, promovido por Edicións Xerais de Galicia, a Asociación de escritores de Lingua Galega e a súa familia, está organizado en catro grandes apartados: "No pouso dos afectos" (reúne semblanzas, poemas e homenaxes literarias realizadas por amigos, familiares e compañeiros e  compañeiras); "No silencio das palabras" (transcrición das palabras pronunciadas na cerimonia da súa despedida); "Vencerse é cousa de se tratar" (transcrición da homenaxe realizada en Vigo o 29 de maio de 2004, organizada pola AELG, ATG e AGE) e "Un día tiven desexos e cumprinos" (completa aproximación bio-bibliográfica). Estas colaboracións literarias enriquécense con outras de carácter gráfico (fotografías e ilustracións) que fan do libro unha completa achega para mellor comprender e admirar a traxectoria humana e literaria dunha das voces máis singulares da poesía galega última.. Xela Arias (Sarria, 1962 - Vigo, 2003) foi escritora, tradutora, profesora é membro do cadro fundacional de Edicións Xerais de Galicia.  Publicou unha recoñecida obra poética que iniciou con "Denuncia do equilibrio" (Xerais, 1986), continuou con "Tigres coma cabalos" (Xerais, 1990), "Darío a diario" (Xerais, 1996) e rematou con "Intempériome" (2003). A súa morte, o 3 de novembro de 2003, conmocionou á sociedade literaria galega que agora lle rende unha homenaxe coa edición deste volume colectivo.

Xerais en Libreria Letras

  • A carreira de sacos -5%
    Titulo del libro
    A carreira de sacos
    Pazos Hermida, Silvia
    Xerais
    Unha mañá de agosto os animais do bosque deciden facer unha carreira de sacos. E unha competición tan i...
    No disponible

    8,65 €8,22 €

  • Un señor elegante -5%
    Titulo del libro
    Un señor elegante
    Toro, Suso De
    Xerais
    A familia Baltar atesoura un sorprendente patrimonio cultural e humano. Atraído polo insólito perfil dalgún ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    24,95 €23,70 €

  • ruído de fondo -5%
    Titulo del libro
    ruído de fondo
    Salgado García, Daniel
    Xerais
    O poema é unha inscrición na época. Non renuncia ao rumor do mundo. Nin á violencia de todas as cousas. Per...
    No disponible

    14,50 €13,78 €

  • A aspironeta -5%
    Titulo del libro
    A aspironeta
    Álvarez, Marta
    Xerais
    Zip era unha aspiradora que non soportaba a idea de estar simplemente programada para aspirar. Cando á casa ch...
    No disponible

    8,65 €8,22 €

  • A historia dos tres porquiños -5%
    Titulo del libro
    A historia dos tres porquiños
    Jacobs, Joseph
    Xerais
    Había unha vez unha porca vella e os seus tres fillos. Como non tiñan dabondo para vivir, mandounos a facer p...
    No disponible

    6,70 €6,37 €