Vacacións 5 anos pompas de xabón

Vacacións 5 anos pompas de xabón

Editorial:
Xerais
EAN:
9788499148519
Año de edición:
ISBN:
978-84-9914-851-9
Páginas:
64
Idioma:
GALEGO
Ancho:
260
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
VACACIONS

Descuento:

-5%

Antes:

14,50 €

Despues:

13,78 €
IVA incluido

O verán é a mellor época do ano para que os nenos e as nenas vivan novas experiencias. Durante este período permanecen moito tempo no ámbito familiar, sen horarios ríxidos, sen présas, e non sempre resulta doado organizar o tempo de lecer. Ademais, cambian os hábitos,  as rutinas, coñecen novas persoas, ambientes, lugares...
 Este caderno de vacacións pode ser o motivo para sentar con eles e elas un anaquiño ao día. Conversade sobre os conceptos e centros de interese que se tratan, que eles expresen as súas opinións, e animádeos a que os traballen. Cómpre que non perdan o hábito de traballo escolar tan recentemente adquirido.
 Contén actividades sinxelas, amenas, divertidas, entretidas, axeitadas  ás características, capacidades e intereses dos vosos fillos e fillas, variadas e flexibles para asegurar a súa motivación e interese. De forma lúdica, abordan contidos das tres áreas curriculares traballadas durante o curso: Coñecemento de si mesmo/a e autonomía persoal, Coñecemento do contorno (medio físico, natural, social e cultural) e Linguaxes: comunicación e representación. A través destas actividades favorecerase o desenvolvemento de todas as competencias, capacidades e intelixencias múltiples necesarias para superar con éxito este nivel educativo, e constrúense os cimentos para  o curso seguinte. Os contidos que se abordan son, entre outros: o coñecemento do corpo, percepción do tempo e do espazo, os hábitos persoais, o desenvolvemento das rutinas da vida cotiá, a construción da propia identidade, o coñecemento do medio natural e os seus elementos, iniciación nas habilidades matemáticas e o desenvolvemento do pensamento lóxico, os atributos e cualidades dos obxectos, a participación na vida en comunidade e a convivencia, iniciación nos fundamentos da lectoescritura, a linguaxe oral, audiovisual, artística  e corporal...

Xerais en Libreria Letras

  • Mulleres de mortos -5%
    Titulo del libro
    Mulleres de mortos
    Gondar Portasany, Marcial
    Xerais
    No disponible

    13,60 €12,92 €

  • Axencia Galega de Asuntos Máxicos -5%
    Titulo del libro
    Axencia Galega de Asuntos Máxicos
    Alonso Diz, Miguel
    Xerais
    A vida pode cambiar nun só día. Que digo nun día! Nunha hora, nun minuto ou mesmo nun segundo. Iso é o que ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    13,50 €12,83 €

  • As chamadas perdidas -5%
    Titulo del libro
    As chamadas perdidas
    Rivas, Manuel
    Xerais
    Como cando as paredes oen aos amantes, "Así, máis, máis, máis", estes novos relatos de Manuel Rivas, o auto...
    No disponible

    19,50 €18,53 €

  • Premio 2004 de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo -5%
    Titulo del libro
    Premio 2004 de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo
    González Vázquez, Daniel
    Xerais
    No disponible

    11,15 €10,59 €

  • Copenhague -5%
    Titulo del libro
    Copenhague
    VILA, ANDRES A. / CID CABIDO, XOSE
    Xerais
    No disponible

    6,45 €6,13 €