Vacacións 4 anos pompas de xabón

Vacacións 4 anos pompas de xabón

Editorial:
Xerais
EAN:
9788499148502
Año de edición:
Materia
CUADERNOS DE VACACIONES
ISBN:
978-84-9914-850-2
Páginas:
58
Idioma:
GALEGO
Ancho:
275
Alto:
305
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
VACACIONS

Descuento:

-5%

Antes:

14,50 €

Despues:

13,78 €
IVA incluido

O verán é a mellor época do ano para que os nenos e as nenas vivan novas experiencias. Durante este período permanecen moito tempo no ámbito familiar, sen horarios ríxidos, sen présas, e non sempre resulta doado organizar o tempo de lecer. Ademais, cambian os hábitos,  as rutinas, coñecen novas persoas, ambientes, lugares...
 Este caderno de vacacións pode ser o motivo para sentar con eles e elas un anaquiño ao día. Conversade sobre os conceptos e centros de interese que se tratan, que eles expresen as súas opinións, e animádeos a que os traballen. Cómpre que non perdan o hábito de traballo escolar tan recentemente adquirido.
 Contén actividades sinxelas, amenas, divertidas, entretidas, axeitadas  ás características, capacidades e intereses dos vosos fillos e fillas, variadas e flexibles para asegurar a súa motivación e interese. De forma lúdica, abordan contidos das tres áreas curriculares traballadas durante o curso: Coñecemento de si mesmo/a e autonomía persoal, Coñecemento do contorno (medio físico, natural, social e cultural) e Linguaxes: comunicación e representación. A través destas actividades favorecerase o desenvolvemento de todas as competencias, capacidades e intelixencias múltiples necesarias para superar con éxito este nivel educativo, e constrúense os cimentos para  o curso seguinte. Os contidos que se abordan son, entre outros: o coñecemento do corpo, percepción do tempo e do espazo, os hábitos persoais, o desenvolvemento das rutinas da vida cotiá, a construción da propia identidade, o coñecemento do medio natural e os seus elementos, iniciación nas habilidades matemáticas e o desenvolvemento do pensamento lóxico, os atributos e cualidades dos obxectos, a participación na vida en comunidade e a convivencia, iniciación nos fundamentos da lectoescritura, a linguaxe oral, audiovisual, artística  e corporal...

Materia en Libreria Letras

Xerais en Libreria Letras

  • ESCAQUIS E ROMEU -5%
    Titulo del libro
    ESCAQUIS E ROMEU
    Nº 67
    Fraga, Antonio Manuel
    Xerais
    «É coma un neno», dicían de Romeu os seus coñecidos, pois se algo caracterizaba o vello barbeiro era a sú...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    11,95 €11,35 €

  • O brillo dos elefantes -5%
    Titulo del libro
    O brillo dos elefantes
    Alonso, Fran
    Xerais
    Un neno centroamericano vive nunha aldea de Matagalpa, coa súa nai e a  avoa Mirta, nun fermoso país de lagos...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    12,95 €12,30 €

  • Todo é silencio -5%
    Titulo del libro
    Todo é silencio
    Rivas, Manuel
    Xerais
    Todo é silencio narra o irresistíbel ascenso social de Mariscal, un capo contrabandista, e das almas que habi...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    20,95 €19,90 €

  • Somos os monstros -5%
    Titulo del libro
    Somos os monstros
    Nº 299
    Carballeira, Paula
    Xerais
    Unha nena e un neno pérdense cando saen a xogar no bosque arrasado polo último incendio. Un monstro grande e ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    13,50 €12,83 €

  • Claro e seguido 1. Comprensión oral -5%
    Titulo del libro
    Claro e seguido 1. Comprensión oral
    Muñoz Saá, Begoña;Sarmiento Macías, María Xesús;Alonso Pintos, Serafín
    Xerais
    "Claro e seguido" é unha proposta metodolóxica para desenvolver as habilidades lingüísticas básicas (escoi...
    No disponible

    13,95 €13,25 €