Un bico de amor e vida

Un bico de amor e vida

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498651423
Año de edición:
Materia
LITERATURA INFANTIL: DE 0 A 12 A?OS
ISBN:
978-84-9865-142-3
Páginas:
44
Encuadernación:
TAPA DURA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
295
Alto:
220
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
ARBORE MUSICONTOS (LIBRO+CD)

Descuento:

-5%

Antes:

27,40 €

Despues:

26,03 €
IVA incluido
Avisar disponibilidad

Un bico de amor e vida ofrece varios contidos nun só contedor. Coma unha botella guindada ao mar, dependendo de quen lea a mensaxe que vai  dentro atopará un ou outro significado. Haberá quen quede co relato actualizado do conto dÆA Sereíña, de Hans Christian Andersen. Certo que a a sombra benéfica do autor dinamarqués anda detrás deste proxecto, se ben, en Un bico de amor e vida a serea e mais o home humano viven un amor igualitario, sen necesidade de concesións nin de transformacións imposibles, coas lóxicas eivas que evidencia unha relación dacabo de dous mundos distintos: o de auga e o de terra. Será  posible un amor así? A carón do conto, está a historia. A nosa historia inmediata. A traxedia do Prestixe -cando o azul do mar se nos  volveu negro- tan ben reflectida na primeira ilustración realizada para este álbum por Enjamio. Quizais porque, ademais de que convén non  esquecer, tamén hai que ter en conta que nun desastre ecolóxico desas  características non só os humanos sofren, tamén as criaturas do mar están a padecer as súas consecuencias de forma directa e inmediata. A botella con mensaxe dentro -ou con mensaxes superpostas- complétase coa música de Manuel Balboa, eses mares nocturnos que encerran toda a maxestade do mar, pero tamén toda a súa posible tristura. Literatura, Ilustración e Música. Amor, Mar e Lembranza. Tradición, presente e modernidade. Velaquí os contidos desta botella con mensaxe que chegou arestora á praia de Editorial Galaxia. Abonda con axitala, destapala e  ulila. A fragancia deses contidos aparecerá combinada ao gusto de cada lector/a. Iso si: cun profundo ulido a mar. Un bico de amor e vida é unha proposta literaria de Xosé A. Neira Cruz, que conta coas ilustracións de Enjamio e coa música de Manuel Balboa, interpretada pola Real Filharmonía de Galicia baixo a dirección de Maximino Zumalave. Este álbum forma parte da colección "Arbore Musicontos", na que tamén saíron os títulos: · O prodixio dos zapatos de cristal, de Xosé A. Neira Cruz, con ilustracións de Rodrigo Chao e música de Gioachino Rossini, interpretada pola Real Filharmonía de Galicia baixo  a dirección de Maximino Zumalave (decembro de 2008) · O debut de Martino Porconi, de Xosé A. Neira Cruz, con ilustracións de Federico Fernández e música de Benjamin Britten e Dimitri Shostakóvich, interpretada pola Real Filharmonía de Galicia baixo a dirección de Maximino Zumalave (decembro de 2008). Seleccionado polo IBBY para a Bienal de Ilustración de Bratislava 2009
 Recreación do conto tradicional de A Sereíña a cargo de Xosé A. Neira Cruz, coa colaboración da Real Filharmonía de Galicia quen puxo o marco musical ("Mares nocturnos", de Manuel Balboa) e da voz da actriz  de dobraxe María Inés Cuadrado.

Otros libros del autor en Libreria Letras

  • Una Costura en el Tiempo -5%
    Titulo del libro
    Una Costura en el Tiempo
    Neira Cruz, Xosé Antonio
    Oxford university press
    Dos mujeres, que viven en tiempos diferentes ?una en la antigüedad y otra en el presente?, mantienen una comun...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    9,50 €9,03 €

  • El Miedo de Mo -5%
    Titulo del libro
    El Miedo de Mo
    Neira Cruz, Xosé Antonio
    Macmillan
    No disponible

    7,70 €7,32 €

  • A noite da raíña Berenguela -5%
    Titulo del libro
    A noite da raíña Berenguela
    Neira Cruz, Xosé Antonio
    Oxford university press
    Na catedral de Santiago una raíña dorme o seu sono de pedra. Unha noite no ano, cando o ceo de Compostela se ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    9,90 €9,41 €

  • La Violeta no és violeta -5%
    Titulo del libro
    La Violeta no és violeta
    Neira Cruz, Xosé Antonio
    Macmillan
    No disponible

    7,90 €7,51 €

  • O armiño dorme -5%
    Titulo del libro
    O armiño dorme
    Neira Cruz, Xosé Antonio
    Galaxia
    Premio Raíña Lupa 2002. Ser muller non é doado en pleno século XVI. Fóra da gaiola de ouro do palacio, fer...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    15,10 €14,35 €

Materia en Libreria Letras

Galaxia en Libreria Letras

  • Viaxe a Illa Redonda -5%
    Titulo del libro
    Viaxe a Illa Redonda
    Villar Janeiro, Helena
    Galaxia
    Premio Barco de Vapor 1986. A novela comeza un 21 de xuño, o día en que remata o curso e se abre para Dores, ...
    No disponible

    11,20 €10,64 €

  • (tomo 1).poesia-teatro.obra en galego completa -5%
    Titulo del libro
    (tomo 1).poesia-teatro.obra en galego completa
    Cunqueiro, Alvaro
    Galaxia
    No disponible

    12,92 €12,27 €

  • MAÑA VEN MEU TIO -5%
    Titulo del libro
    MAÑA VEN MEU TIO
    Nº 32
    SANTANA CAMARGO, SEBASTIAN
    Galaxia
    Papá e mañça dixéronme que mañá vén meu tío para quedar uns días na casa ...
    No disponible

    16,50 €15,68 €

  • Lúa e os nubeiros -5%
    Titulo del libro
    Lúa e os nubeiros
    Miranda, Xosé
    Galaxia
    Xosé Miranda naceu en Lugo, estudou Bioloxía e é profesor de ensino medio na súa cidade natal. A parte das ...
    No disponible

    12,80 €12,16 €

  • Tempo novo -5%
    Titulo del libro
    Tempo novo
    Nº 13
    Neira Vilas, Xosé
    Galaxia
    Tras chegar a Cuba en 1961, Xosé Neira Vilas involucrouse activamente no proceso de transformación social do ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    16,45 €15,63 €