República sideral

República sideral

Nº:
17
Editorial:
Baia
EAN:
9788499953700
Año de edición:
Materia
LITERATURA INFANTIL: DE 0 A 12 A?OS
ISBN:
978-84-9995-370-0
Páginas:
72
Encuadernación:
RUSTICA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
146
Alto:
210
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
Barriga Verde

Descuento:

-5%

Antes:

7,00 €

Despues:

6,65 €
IVA incluido
Avisar disponibilidad

Obra gañadora da XIV edición do premio Barriga Verde (2020) de textos para teatro de monicreques (modalidade adultos). Co-edición con Agadic.
 O xurado destacou o humor deste texto e a boa caracterización dos personaxes, así como a potencialidade escénica e a súa adecuación á modalidade do premio, cunha estrutura sólida, dinámicas moi áxiles ?con concreción dos obxectos empregados nun deseño dos movementos moi limpo? e réplicas sinxelas mais mordaces, polo que resulta idóneo para  propiciar un diálogo interxeracional sobre feitos históricos.
 Saliéntase igualmente a exitosa integración no diálogo das persoas manipuladoras, así como a incorporación maxistral dos elementos propios da cachaporra ?con mocadas e pelexas sen escrúpulos.
 
 No epílogo da obra Esther Carrodeguas manifesta:
 «Este pequeno divertimento teatral está deseñado para que persoas de diversas xeracións se senten no patio de butacas e poidan aprender un ben interesante episodio do noso pasado que pode iluminar, ademais, o noso presente. Tamén pretende ser a escusa perfecta para axudar a introducir aos máis pequechos e pequechas da casa en determinados feitos históricos e conceptos políticos por veces difíciles de explicar. A comedia de cachaporra ?tan deostada nos nosos tempos? antóllasenos de grande axuda para este cometido.
 
 Por todo isto, "República Sideral" non é unha peza para a mocidade, pero tampouco unha peza para maiores: trátase dunha obra para desfrutar en conxunto, que debe de servir para xerar unha boa conversa  interxeracional tras a caída do pano.
 Case toda a peza está baseada en feitos reais (postos evidentemente ao  servizo da comedia). Son reais a maior parte dos nomes dos protagonistas, os feitos que van sucedendo, os lugares polos que van pasando e tamén, desgraciadamente, as súas maneiras de morrer, a pesar  de semellares tan farsescas. Isto ?por suposto? deberá de ser un estupendo motor de reflexión».

Materia en Libreria Letras

Baia en Libreria Letras

  • Esconxuros para un rei -5%
    Titulo del libro
    Esconxuros para un rei
    Nº 49
    Rey Núñez, Mª Carmen
    Baia
    Zeltia, posuidora de capacidades precognitivas especiais, é vendida pola súa nai Xacinta (que por mor de ter ...
    No disponible

    23,00 €21,85 €

  • alfombriña -5%
    Titulo del libro
    alfombriña
    AA.VV
    Baia
    Con esta colección pretendemos romper coa tendencia nos contos infantís de asignar roles estereotipados a nen...
    DISPONIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    12,50 €11,88 €

  • Sobre os reptiles -5%
    Titulo del libro
    Sobre os reptiles
    AA.VV
    Baia
    A Dra. Peteiro é unha ave femia moi sabia que é consultora sentimental  dos animais. Agora podes ler os conse...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    13,40 €12,73 €

  • O trevo da sorte -5%
    Titulo del libro
    O trevo da sorte
    Nº 15
    Romero, Medos
    Baia
    Soubo que era muller dun só instante, e todo o demais era perdido. Instantes que non perduran eternamente, que...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    11,40 €10,83 €

  • Leonardo da Vinci -5%
    Titulo del libro
    Leonardo da Vinci
    Augarde, Steve
    Baia
    Con só dez anos, Paulo convértese en aprendiz de Leonardo da Vinci, o gran pintor e inventor. O diario de Pau...
    No disponible

    20,70 €19,67 €