Relatos mariñeiros

Relatos mariñeiros

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483029336
Año de edición:
ISBN:
978-84-8302-933-6
Páginas:
128
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
145
Alto:
220
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)
Colección:
NARRATIVA

Descuento:

-5%

Antes:

17,50 €

Despues:

16,63 €
IVA incluido
Comprar

Relatos mariñeiros componse dunha vintena de narracións curtas que teñen como referencia e inspiración a comunidade de pescadores galegos  das Mariñas, asentados na Habana durante os anos trinta, corenta e cincuenta do seculo XX. Vinte historias de mariñeiros e emigrantes galegos no Golfo que reconstrúen vidas anónimas penduradas dun fío, fuxindo dos feros ciclóns e doutras situacións arrepiantes; vidas ancoradas na saudade da terra e das xentes que abandonaron. Relatos de  vidas de mariñeiros artistas como o Leandro, o corpudo gaiteiro que levaba todo un país no fol, o Mariano que tocaba o saxofón, o Xan o Cativo, moi mañoso no seu vello acordeón, ou o Santiago, que co seu lapis de cores retrataba a cada un dos compañeiros de tripulación. Mariñeiros namorados e comprometidos como o Daniel, aquel mozote de Camariñas que nunca esquecerá a súa namorada primeira; o Xaquín, o vello pescador da Malata que sentía polo mar unha mestura de amor e xenreira; o negro Eliseo, un Goliat antillano que cos galegos da Casa Branca aprendeu a fala nosa; ou o Xoán Barreiro, dirixente do Sindicato de Viveiristas que promoveu os setes meses de folga do ano trinta e un...Relatos mariñeiros, pola súa complexa e premeditada brevidade, pola súa prosa cristalina, polo seu esforzo de destilación léxica, e pola construcción dunhas tramas enchidas de emoción, apoiadas nas ilustracións narrativas de Xaquín Marín, constitúe unha das máis valiosas achegas dun dos clásicos vivos da literatura galega.

Otros libros del autor en Libreria Letras

  • Charamuscas -5%
    Titulo del libro
    Charamuscas
    Neira Vilas, Xosé
    Galaxia
    O reencontro coa terra natal despois dunha longa ausencia é o motivo orixinador de Charamuscas, un libro de co...
    No disponible

    14,30 €13,59 €

  • 100 anos do himno galego -5%
    Titulo del libro
    100 anos do himno galego
    Neira Vilas, Xosé
    Embora
    DISPONIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    22,00 €20,90 €

  • CANDO SUSO FOI CARTEIRO, DE -5%
    Titulo del libro
    CANDO SUSO FOI CARTEIRO, DE
    Nº 249
    NEIRA VILAS, XOSE SANTIAGO
    Galaxia
    Xesús, querido irmán: Ti, que me relevaches no trasfego de lle dar ó zoco, coa carteira ó lombo, polos...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    12,20 €11,59 €

  • Encontros con laxeiro -5%
    Titulo del libro
    Encontros con laxeiro
    Neira Vilas, Xose
    Ir indo
    Xosé Neira vilas e Laxeiro coñecéronse en Buenos Aires en 1952 e amistaron de por vida. Os encontros entre e...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    16,00 €15,20 €

  • A marela Tarabela -5%
    Titulo del libro
    A marela Tarabela
    Neira Vilas, Xosé
    Galaxia
    Tarabela é unha vaca que que sente e pensa como as persoas. Ela ve o mundo a través dos seus grandes ollos va...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    10,50 €9,98 €

Xerais en Libreria Letras