Peregrinos

Peregrinos

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483023730
ISBN:
978-84-8302-373-0
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
LITERARIAS SINGULARES

Descuento:

-5%

Antes:

10,00 €

Despues:

9,50 €
IVA incluido

Unha muller leva as mans á cara, coma se a dor das bochas dos pés lle tronzase a alma. Outra intenta avanzar en contra dunha intensa nevada.  Un grupo de músicos peregrinos tocan improvisadamente nunha voda que atopan no camiño. Así é Peregrinos, de Manuel G. Vicente, un cálido, tenro, vivo e fermoso libro de fotografías sobre os peregrinos e sobre  os habitantes do camiño.Peregrinos é o froito de dez longos anos de traballo dun fotógrafo que retrata o camiño desde dentro porque durante todo ese tempo viviu no seu propio ventre, como camiñante que é, e como membro fundador da Asociación de Amigos do Camiño do Santiago. Son daquela, todas elas, fotografías sentidas, vitais, intensamente verdadeiras, realizadas ó longo do camiño entre 1989 e 1999. Por iso, Manuel G. Vicente nos ofrece este magnífico traballo fotográfico, esta selección, francamente conmovedora, de todo o que a súa cámara, xenialmente manexada, captou a través de tantas olladas, de tanta convivencia, e con tanta tenrura e mestría sobre todas esas persoas que un día (desde que o camiño aínda non estaba de moda ata hoxe) decidiron calzar as botas e lanzarse á aventura compostelá. En Peregrinos está a paisaxe, a natureza omnipresente do itinerario, pero, sobre todo, están os sentimentos humanos reflectidos en todos e cada un dos rostros retratados: a dor, o sufrimento, a solidariedade, a alegría, o abatemento, a ilusión, a dureza, a xenerosidade, a entrega, a amizade. Valores todos eles que fan deste libro un retrato vivo e universal da alma das persoas. En tanto, desde o prólogo, José Antonio de la Riera, outro excelente coñecedor do Camiño de Santiago e  tamén membro fundador da Asociación de Amigos escribe a letra emerxendo desde palabras divertidas, irónicas, reinterpretativas e ben  cimentadas nun texto que ubica ó lector no punto exacto en que o camiño de Santiago se sitúa hoxe.

Otros libros del autor en Libreria Letras

  • PROBLEMAS DE CALOR Y FRÍO INDUSTRIAL -5%
    Titulo del libro
    PROBLEMAS DE CALOR Y FRÍO INDUSTRIAL
    MUÑOZ ANTÓN, JAVIER / DE VICENTE SÁNCHEZ, PABLO / GONZÁLEZ GARCÍA, JUAN MANUEL / ABÁNADES VELASCO, A
    Dextra editorial
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 dias..)

    24,44 €23,22 €

  • A casa da duna -5%
    Titulo del libro
    A casa da duna
    Alonso, Fran;González Vicente, Manuel
    Xerais
    A casa da duna é un libro que nace dunha intensa comuñón entre texto e  fotografía ao longo dun proceso de ...
    No disponible

    15,25 €14,49 €

Xerais en Libreria Letras

  • Vinte mil pesos crime -5%
    Titulo del libro
    Vinte mil pesos crime
    Graña, Bernardino
    Xerais
    Vinte mil pesos crime de Bernardino Graña, editada orixinalmente en 1962, considerouse como unha obra fundamen...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    18,95 €18,00 €

  • As bruxas -5%
    Titulo del libro
    As bruxas
    Dahl, Roald
    Xerais
    No disponible

    9,25 €8,79 €

  • As embarcacións de pasaxe das rías galegas (1573-2000) -5%
    Titulo del libro
    As embarcacións de pasaxe das rías galegas (1573-2000)
    Máiz Vázquez, Bernardo
    Xerais
    As embarcacións de pasaxe das rías galegas (1573-2000) é un traballo onde o autor artella unha sólida estru...
    No disponible

    18,80 €17,86 €

  • Os tres mosqueteiros II -5%
    Titulo del libro
    Os tres mosqueteiros II
    Dumas, Alexandre
    Xerais
    Os tres mosqueteiros é, sobre todo, unha novela de acción e aventuras protagonizadas polos sonados Athos, Por...
    No disponible

    20,00 €19,00 €

  • A cegueira -5%
    Titulo del libro
    A cegueira
    Abalde Covelo, Marcos
    Xerais
    A cegueira é unha reflexión sobre a banalidade do mal. Os seus personaxes participan nunha cerimonia do horro...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    15,50 €14,73 €