O VOLFRAMIO EN VARILONGO

O VOLFRAMIO EN VARILONGO. Santa Comba de Xallas 1941-1963

Editorial:
Xerais
EAN:
9788499149912
Año de edición:
Materia
HISTORIA
ISBN:
978-84-9914-991-2
Páginas:
152
Encuadernación:
RUSTICA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
145
Alto:
220
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
MEMORIA

Descuento:

-5%

Antes:

19,50 €

Despues:

18,53 €
IVA incluido

O volframio, ese sorprendente ouro negro que tantas cobizas, fortunas e soños moveu nos anos da Segunda Guerra Mundial, é o protagonista desta maxistral monografía sociopolítica (e aínda máis) da escritora Carmen Blanco Ramos. Ela mora en Santa Comba de Xallas, ao pé das farturentas minas de Varilongo, e alí entrevistou a varias persoas que, dun xeito ou doutro, tiveron que ver co "mineral" que, no seu día, mudou na comarca, nos anos de esplendor, fortunas, costumes, actitudes... A febre e o gaño deste ouro negro mesmo suscitou versos ó  xeito popular, como as "cantareas" recollidas nun capítulo deste libro.
 É o ouro que disputaban, felinamente, axentes dos nazis e axentes dos aliados para perfeccionaren as súas terribles armas de guerra. Disputas nas que, en ocasións, atopamos empresarios, traballadores ben  pagos e veciños que andaban "á roubeta" perseguidos pola Garda Civil.  Alá no fondo, movendo algúns dos fíos do negocio, xentes moi vinculadas a Franco, como o seu cuñado Ramón Serrano Suñer (ex-ministro), o capitalista Ildefonso Fierro ou o pai de Cristóbal Martínez Bordiu.
 Entre os que gañaron o pan nas minas de Varilongo está unha familia ilustre, honrada e castigada: os Liste (seis membros) da parroquia de Calo, con Eduardo Liste Forján á cabeza, irmán de Enrique Líster, o heroico capitán das milicias republicanas.
 Esta é a primeira monografía sobre o tecido sociopolítico do volframio  galego, que tantas cobizas enfrontou e tantos hábitos mudou noutras partes de Galicia, desde as ricas minas de Silleda ós pequenos filóns de San Paio de Ventosela, nas terras de Ribadavia.
 Xesús Alonso Montero

Materia en Libreria Letras

Xerais en Libreria Letras

  • A CONTRADICIóN PERMANENTE -5%
    Titulo del libro
    A CONTRADICIóN PERMANENTE
    AA.VV
    Xerais
    Hai anos en que todo se acelera. Xornadas que valen por décadas anódinas. Momentos en que rompe a continuidad...
    No disponible

    20,95 €19,90 €

  • As bruxas -5%
    Titulo del libro
    As bruxas
    Dahl, Roald
    Xerais
    No disponible

    11,15 €10,59 €

  • Caixón desastre -5%
    Titulo del libro
    Caixón desastre
    de Toro, Suso
    Xerais
    " Caixón desastre " (seis relatos) recibiu o Premio Galicia da Universidade de Santiago e axiña con...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    14,50 €13,78 €

  • Vigo a 80 revolucións por minuto -5%
    Titulo del libro
    Vigo a 80 revolucións por minuto
    Alonso Pimentel, Emilio
    Xerais
    Vigo a 80 revolucións por minuto é unha crónica da movida viguesa da década de 1980 realizada por Emilio Al...
    No disponible

    22,70 €21,57 €

  • Paio, astronauta -5%
    Titulo del libro
    Paio, astronauta
    Llanes Bermejo, Ana María / Gómez Xurxo, Silvestre
    Xerais
    20 títulos que incorporan progresivamente as dificultades lectoras da lingua galega. Colección dirixida ...
    No disponible

    4,10 €3,90 €