Fernández Soto, MarÃa del Pilar
Descuento:
-5%Antes:
Despues:
19,90 €Na sociedade actual, moitas miradas vólvense cara á atención de persoas que, pola súa incapacidade ou a súa idade avanzada, perderon a súa autonomÃa na vida cotiá. A demanda de profesionais formados que presten a súa axuda a estes colectivos é cada dÃa maior, de aà que xurda con forza nas páxinas de ofertas de emprego a figura do auxiliar de axuda a domicilio como unha profesión de futuro.
Con este manual, o lector poderá adquirir os coñecementos necesarios para planificar, desenvolver e realizar o seguimento de casos asistenciais, xestionando trámites administrativos, asà como os coñecementos precisos para velar polo mantemento do fogar, en condicións axeitadas ao perfil do asistido, e facilitar a súa integración social.
Os contidos que presentamos neste manual correspóndense cos módulos 'Planificación, Desenvolvemento e Seguimento de Casos Asistenciais', 'Técnicas e Soportes de Xestión e Administración Básica' e 'Recursos Sociais e Integración Social' do certificado de profesionalidade 'Auxiliar de Axuda a Domicilio', segundo o Real decreto 331/1997.
Ideaspropias Editorial desenvolve este manual de formación para todos aqueles profesionais que se dedican a este labor ou desexan facelo, co fin de que amplÃen os seus coñecementos sobre esta materia, e facilita a obtención, ao mesmo tempo, dun tÃtulo recoñecido polo Sistema Nacional de Cualificacións.