Caño González, Xosé Manuel del
Descuento:
-5%Antes:
Despues:
18,62 €Autor de milleiros de artigos, relatos curtos e novelas, Carlos G. Reigosa é un dos escritores e xornalistas galegos contemporáneos que conta con maior interese e proxección entre os lectores. O presente volume, prologado por Ramón Villares e Alfonso S. Palomares e epilogado por Alfredo Bryce Echenique, recolle as longas horas de conversas que o escritor da Pastoriza mantivo con Xosé Manuel del Caño. Sen solemnidades nin reservas, sen crÃticas aos demais nin vontade de fixar ortodoxias, Carlos G. Reigosa reconstrúe con claridade a súa andaina humana e literaria, desvelando o lado da sombra dunha vida que se desenvolve a plena luz do dÃa, a través dos milleiros de páxinas que leva publicadas. O tÃtulo do libro alude a un "misterio" que se pretende descifrar, que se tal houbese está nos seus eidos de tras da Corda, na infancia e na familia, en lugares sempre revisitados, un espazo temporeiramente choÃdo pola néboa e o esquecemento.