O galego Soto, líder da Patagonia rebelde

O galego Soto, líder da Patagonia rebelde

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483023167
ISBN:
978-84-8302-316-7
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
CRONICA

Descuento:

-5%

Antes:

20,60 €

Despues:

19,57 €
IVA incluido

Baixo o título O Galego Soto. Líder da Patagonia Rebelde, Lois Pérez Leira (como coordinador), a historiadora Dolores Vieites Torreiro, o xornalista e intelectual arxentino Osvaldo Bayer, e o sindicalista Manuel Mera recuperan a figuran de Antonio Soto Canalejo, "O galego Soto", líder que foi da revolta obreira da Patagonia arxentina nos anos vinte. O libro estructurado en catro partes, correspondendo cada unha á contribución de cada un dos autores, aparece dentro dun novo formato da colección "Crónica", apoiado por unha estensa e coidada documentación fotográfica, a maior parte dela inédita ata hoxe en Galicia. Antonio Soto, alto rubio e de ollos claros, naceu en Ferrol en 1897 e chegaría a Buenos Aires a unha idade temperá, cando a cidade  arxentina era un fervedeiro de folgas e manifestacións, que tiñan por  fin reclamar mellores condicións de traballo e salario para a clase obreira. A vida de Soto quedou inmortalizada na película dirixida por Héctor Oliveira, que protagoniza o actor Federico Luppi, La Patagonia Rebelde e no recente documental de Xan Leira, estreado en Canal +. O presente volume pretender difundir en Galicia e recuperar para a súa memoria colectiva unha figura descoñecida aquí, pero que constitúe un auténtico mito na historia da Arxentina de hoxe. A vida de Soto estivo  envolta na loita obreira. A pouco de chegar a Río Gallegos foi elixido secretario xeral da Federación Obreira da Poboación. Alí xunto  a outros traballadores da hostelería e da lá, protagonizou unha folga  de protesta para reclamar, entre outras cousas, un salario de oito horas, cama digna, candeas e alimentos. As sublevacións, alentadas na súa maioría por emigrantes galegos, animan ó exército arxentino a actuar e sofocar as manifestacións. Para isto, enviou tropas para dobregar ós folguistas co resultado da morte de máis de 1.500 traballadores. Un auténtico xenocidio que constitúe unha das páxinas máis negras da historia arxentina.

Xerais en Libreria Letras

  • Dicionario da nova literatura galega -5%
    Titulo del libro
    Dicionario da nova literatura galega
    Alonso Montero, Xesús
    Xerais
    Este Dicionario da nova literatura comezou a fraguarse a finais da década dos anos sesenta do pasado século a...
    No disponible

    18,95 €18,00 €

  • Trasnos máxicos. Vacacións 4 anos -5%
    Titulo del libro
    Trasnos máxicos. Vacacións 4 anos
    Campuzano Valiente, María Dolores
    Xerais
    No disponible

    15,10 €14,35 €

  • Mutacións xenéticas -5%
    Titulo del libro
    Mutacións xenéticas
    Casalderrey, Fina
    Xerais
    Hadrián vai realizar o seu bautismo de voó. Pensa que as primeiras vacacións que pasará fóra do seu país ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    14,90 €14,16 €

  • Os últimos fuxidos -5%
    Titulo del libro
    Os últimos fuxidos
    Fernández Ferreiro, Xosé
    Xerais
    En Abades comezaba a anoitecer, cando arrincou a camioneta na que levaban presas a todas as mulleres entre dez ...
    No disponible

    19,95 €18,95 €

  • Que pasa co galego? -5%
    Titulo del libro
    Que pasa co galego?
    Ramallo, Fernando
    Xerais
    O Iibro "Que pasa co galego " responde a trinta e dúas preguntas fundamentais sobre a situación social da lin...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    17,50 €16,63 €