O bandido Casanova

O bandido Casanova

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483025451
ISBN:
978-84-8302-545-1
Páginas:
272
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
145
Alto:
220
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
NARRATIVA

Descuento:

-5%

Antes:

19,50 €

Despues:

18,53 €
IVA incluido

Nesta primeira e sorprendente obra de Hixinio Puentes reconstrúese de forma novelada a historia de Mamede Casanova, alias Toribio, o bandoleiro galego de máis sona do século XX. Mamede Casanova volve ó mundo como peoneiro nas obras do ferrocarril A Coruña-Zamora, no comezo da Segunda República, relembrando as diversas secuencias da súa  historia, coma se un malfadado sino o empurrase cara a desventura para facerse presente na desesperanza. O protagonista dos feitos, que fixeron correr ríos de tinta na prensa galega da época e mesmo inspiraron a plumas famosas, narra demoradamente en primeira persoa os  acontecementos da súa vida, dende o seu nacemento en Grañas do Sor, Mañón en 1883, ata que é indultado o 28 de novembro de 1928, despois de que lle fose conmutada a pena de morte pola cadea perpetua, que o levaría durante vintecinco anos de cárcere en cárcere (Santa Marta de Oritgueira, tralos primeiros roubos, o Parrote da Coruña, Santoña, Ceuta, San Miguel de los Reyes-Valencia, Figueres... O longo das máis de duascentas páxinas, de lectura engaiolante, o lector irá desvelando  as peripecias da fuxida do bandoleiro dende os seus primeiros roubos,  a morte de Manuela, a criada do cura, ata que cae na trampa que lle arma o cura do Freixo pola que é prendido. Hixinio Puentes, bo coñecedor da historia do bandoleirismo en Galicia, reconstrúe nesta obra de acción as andanzas temerarias deste Casanova en potencia, ó tempo que recrea diversos tipos humanos, a paisaxe montañesa da bisbarra de Ortigueira, o tránsito carcerario ou o aparato xudicial, dbuxados con acedos trazos e imaxes esperpénticas.O bandido Casanova é  unha novela picaresca, ó xeito do Lazarillo ou o Buscón, narrada nunha prosa magnífica, onde salienta a utilización dunha lingua de raíz, enchida de xiros populares, e presencia do humor cercano, ás veces, ó de Fernández Flórez. E tamén a destacar a coidadosa reconstrucción histórica da Galicia en tránsito do Unha grande primeira novela dun narrador maduro.

Otros libros del autor en Libreria Letras

  • Aguillóns de Ortegal -5%
    Titulo del libro
    Aguillóns de Ortegal
    Puentes, Hixinio
    Xerais
    Con sabor a novela de aventuras, Hixinio Puentes ofrécenos en Aguillóns de Ortegal unha historia ambientada n...
    No disponible

    24,95 €23,70 €

  • Winnipeg -5%
    Titulo del libro
    Winnipeg
    Nº 334
    Puentes Novo, Hixinio
    Xerais
    Co advento das ditaduras morre a liberdade e a poesía. Así aconteceu tamén con aquel poeta chileno que freta...
    No disponible

    20,95 €19,90 €

  • Monbars o Exterminador -5%
    Titulo del libro
    Monbars o Exterminador
    Puentes, Hixinio
    Xerais
    Monbars o Exterminador de Hixinio Puentes é unha novela de aventuras, con alento de Stevenson ou John Steinbec...
    No disponible

    22,50 €21,38 €

Xerais en Libreria Letras

  • Historias da filosofía -5%
    Titulo del libro
    Historias da filosofía
    Agís Villaverde, Marcelino
    Xerais
    No disponible

    11,00 €10,45 €

  • En castellano no hay problema -5%
    Titulo del libro
    En castellano no hay problema
    Callón, Carlos
    Xerais
    Cun título que desde o comezo pretende provocar a reflexión, Carlos Callón une neste libro textos que aborda...
    No disponible

    20,95 €19,90 €

  • Matemáticas I -5%
    Titulo del libro
    Matemáticas I
    Villamil Amor, Sergio / Fraga Vila, Ana
    Xerais
    No disponible

    9,56 €9,08 €

  • Crime en Compostela -5%
    Titulo del libro
    Crime en Compostela
    Reigosa, Carlos G.
    Xerais
    No disponible

    10,50 €9,98 €

  • Claro e seguido 4. Expresión escrita -5%
    Titulo del libro
    Claro e seguido 4. Expresión escrita
    Muñoz Saá, Begoña;Sarmiento Macías, María Xesús;Alonso Pintos, Serafín
    Xerais
    "Claro e seguido" é unha proposta metodolóxica para desenvolver as habilidades lingüísticas básicas (escoi...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    13,95 €13,25 €