NUNHA PRESA DE TERRA
 IBD

NUNHA PRESA DE TERRA

Editorial:
Laiovento (ibd)
EAN:
9788484872832
Año de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-8487-283-2
Páginas:
184
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)
Colección:
NARRATIVA

Descuento:

-5%

Antes:

16,00 €

Despues:

15,20 €
IVA incluido
Comprar

Esta é unha novela con moitas máis cousas, pero eu fíxome sobre todo nunha: a portentosa descrición da vida labrega de cando Paco Castro e mais eu eramos tamén nenos labregos, el por terras do Incio e eu pola Terra Chá, que ó fin e ó cabo vénvos sendo o mesmo. Pero aquí non hai ningún etnografismo, hai vida. Os personaxes son verdadeiros: son persoas, non tipos. Eu non os coñecín, pero recoñézoos con todas as súas luces e sombras, con todas as súas infinitas facetas: o pai atormentado polo seu alcoholismo irremediable, a prodixiosa mai intelixente e valorosa e triste, o amor imperfecto pero fatídico entre  os dous, a esperanza terque no futuro. E o neno que medra e cambia. E  a vida tal como é, ou como era.
Coincide o tempo desta novela cunha mudanza feroz: Paco Castro e mais eu nacemos case na agricultura  neolítica, e nos anos da nosa infancia e mocidade unha cultura milenaria foi destruída sen dar lugar a algunha cousa nova e propia, senón a unha aculturación, a unha asimilación, a unha colonización. Isto é algo que tamén conta John Berger de sitios que chamamos Francia. E o mesmo: Paco Castro cóntao de nós, e tampouco non fai etnografía, porque el está radicalmente da parte de dentro.
 Podiamos meternos en comparanzas, pero isto é diferente: diferente das  grandes novelas de nenos labregos da nosa literatura, que son, digo eu, as Aventuras de Alberte Quiñoi e as Memorias dun neno labrego. Isto é outra cousa: está máis preto de nós. E doe máis. Cantas veces pensaría eu en escribir unha novela así, e nunca me atrevín! Grazas a Paco Castro por escribila e darma a ler.
Darío Xohán Cabana

Otros libros del autor en Libreria Letras

Materia en Libreria Letras

Laiovento (ibd) en Libreria Letras

  • Ricardo Carvalho Calero: A ciencia ao servizo da nación.
     IBD
    -5%
    Titulo del libro
    Ricardo Carvalho Calero: A ciencia ao servizo da nación.
    María Pilar García Negro
    Laiovento (ibd)
    Nada galego é alleo a Ricardo Carvalho Calero. Esta frase, que recollemos da que el utiliza para definir o seu...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    20,00 €19,00 €

  • O REBUMBIO DOS VAGALUMES - 2ª Edc.
     IBD
    -5%
    Titulo del libro
    O REBUMBIO DOS VAGALUMES - 2ª Edc.
    Alberte Santos Ledo
    Laiovento (ibd)
    O REBUMBIO DOS VAGALUMES 2ª Ed. Novembro do 215O rebumbio dos vagalumes é unha novela na que a súa protagoni...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    15,00 €14,25 €

  • O azul entre o ceo e auga
     IBD
    -5%
    Titulo del libro
    O azul entre o ceo e auga
    Susan Abulhawa
    Laiovento (ibd)
    O azul entre o ceo e a auga é unha novela de Susan Abulhawa que segue a historia da familia Baraka, forzada a ...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    23,95 €22,75 €

  • Fábula de Aves
     IBD
    -5%
    Titulo del libro
    Fábula de Aves
    Manuel Forcadela
    Laiovento (ibd)
    SINOPSE: "Lingua morta, lingua estranxeira a que usan filósofos e poetas, tal como lemos na cita de Giorgio Ag...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    15,00 €14,25 €

  • Grmática histórica II - Lexicografía
     IBD
    -5%
    Titulo del libro
    Grmática histórica II - Lexicografía
    Manuel Ferreiro Fernández
    Laiovento (ibd)
    O lector ten nas súas mans a segunda parte da Gramática Histórica Galega do Prof. Manuel Ferreiro, dedicada,...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    34,95 €33,20 €