Nacionalismo, liberalismo e outros temas
 IBD

Nacionalismo, liberalismo e outros temas

Editorial:
Laiovento (ibd)
EAN:
9788484875956
Materia
POLITICA
ISBN:
978-84-8487-595-6
Páginas:
244
Idioma:
GALEGO
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)
Colección:
ENSAIO

Descuento:

-5%

Antes:

19,95 €

Despues:

18,95 €
IVA incluido
Comprar

Joan Fuster, considerado como o ensaísta catalán máis importante do século XX, é autor dunha ampla obra que constitúe unha das creacións intelectuais máis suxestivas non só da literatura catalá, senón do noso tempo. Ademais de ensaísta, foi historiador e un importante crítico literario, malia, como el afirmaba, non ser un especialista, e  un excelente, suxestivo e provocador articulista. O núcleo central da  súa obra sitúase na tradición do humanismo moral clásico, de maneira preferente dos moralistas franceses, de Montaigne á Ilustración, sen esquecermos nomes como Karl Marx, Antonio Gramsci, Eugeni d'Ors, Josep  Pla...

Sarcástico, irónico, escéptico, pesimista, dono dun estilo propio que sempre intenta atrapar ao lector, a importancia da obra de Fuster, alén das súas dimensións e a súa importancia políticas, radica na súa modernidade, na ruptura co peso que a tradición -e os seus valores morais, mesmo en termos estéticos- continuaba na ter en xeral na cultura catalá, e na formulación dos problemas capitais da sociedade contemporánea. A súa obra, como afirma  Gustau Muñoz, «é a semente dunha liberación que se quería completa: democracia radical, recoñecemento das nacións sen estado, dereitos individuais sen limitacións. Obra que continúa aínda a ser incómoda, talvez hoxe máis que nunca, porque pon sobre a mesa as contradicións da sociedade valenciana, da sociedade catalá, da sociedade española». 

Con esta escolma de artigos e ensaios, Edicións Laiovento quere render homenaxe ao escritor valenciano ao se cumprir os cen anos  do seu nacemento

Otros libros del autor en Libreria Letras

Materia en Libreria Letras

Laiovento (ibd) en Libreria Letras

  • O PERVERSO GOBERNO DE FEIJÓO
     IBD
    -5%
    Titulo del libro
    O PERVERSO GOBERNO DE FEIJÓO
    Manuel Monge
    Laiovento (ibd)
    O PERVERSO GOBERNO DE FEIJÓOSete anos en negroCómpre un balance do desgoberno de Feijóo. Sete anos perdidos,...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    19,90 €18,91 €

  • Música para días de inverno
     IBD
    -5%
    Titulo del libro
    Música para días de inverno
    Pablo Nogueira
    Laiovento (ibd)
    Nesta novela técense dúas historias persoais que se enguedellan inevitablemente coma o bruar dunha melodía i...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    14,96 €14,21 €

  • A revolución en marcha. A comuna de París (1870-1871)
     IBD
    -5%
    Titulo del libro
    A revolución en marcha. A comuna de París (1870-1871)
    Xesús Conzález Gómez
    Laiovento (ibd)
    Título: A revolución en marcha.Subtítulo: Decretos e proclamas da comuna de París(Setembro 1870-Maio 1871)"...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    14,96 €14,21 €

  • Autogoberno e Sistemas de Financiamenro
     IBD
    -5%
    Titulo del libro
    Autogoberno e Sistemas de Financiamenro
    Xosé Díaz Díaz
    Laiovento (ibd)
    Autogoberno e Sistemas de Financiamento.O papel da Nación Galega, de Xosé DíazPretendemos presentar dun xeit...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    24,95 €23,70 €

  • A COMERCIALIZACIÓN DA SAÚDE. O Hospital Álvaro Cunqueiro:
     IBD
    -5%
    Titulo del libro
    A COMERCIALIZACIÓN DA SAÚDE. O Hospital Álvaro Cunqueiro:
    Pablo Vaamonde ( Coord.)
    Laiovento (ibd)
    A COMERCIALIZACIÓN DA SAÚDE.O Hospital Álvaro Cunqueiro: a grande estafa.Vaamonde García, Pablo (Coord.)Est...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    15,00 €14,25 €