Barreiro Fernández, Xosé Ramón / Axeitos Agrelo, Xosé Luís
Descuento:
-5%Antes:
Despues:
9,07 €Manuel Murguía. Vida e obra, o volume preparado por Xosé Ramón Barreiro Fernández, catedrático e membro da Real Academia Galega, e por Xosé Luis Axeitos, profesor e investigador de Literatura Galega, pretende debuxar o perfil dun personaxe de gran interese para Galicia sen necesidade de recorrer a adxectivos grandilocuentes, nin a louvanzas desmesuradas. Os autores non pretenden ocultar as evidentes contradiccións nas que desenvolveu a vida e obra de Murguía, tratando de darlle unha explicación racional no contexto da cultura europea da época. Apórtanse datos concretos sobre certos episodios pouco coñecidos da súa vida, repasando tódalas súas actividades creativas e profesionais: periodismo e literatura, constructor do feito diferencial de Galicia, funcionario, político e académico e sempre polémico e polemista.Manuel Murguía. Vida e Obra organízase nos seguintes apartados: "Biobliografía de Manuel Murguía. Cronoloxía", traballo de carácter introductorio que permite seguir paso a paso as visitudes do personaxe a través dos correspondentes espacios vitais polos que transitou; "As etapas dunha vida", que supón un achegamento biográfico á figura humana de Murguía, dende a súa etapa compostelana (1833-1851), a súa estancia en Madrid (1851-1858), onde mesturou literatura e bohemia, á década que dedicou á historia (1959-1869), ata á creación da Real Academia Galega, da que foi o primeiro presidente; "Murguía, historiador do feito diferencial de Galicia", que estudia a súa dimensión como o primeiro teorizador do feito diferencial galego, base teórica do movemento cultural e político do galeguismo. Remata o volume cunha completa bibliografía sobre a obra de quen é homenxeado este ano 2000, no "día das Letras Galegas". O volume inclúe, tamén, unas selección de fotos e documentos que complementan este esbozo de Manuel Murguía, no que aparece máis preto, máis humano e, xa que logo, máis noso.