Descuento:
-5%Antes:
Despues:
11,12 €Manuel LugrÃs Freire, vida e obra é un amplo e esclarecedor percorrido arredor da dimensión humana, biográfica, literaria e histórica da figura celebrada nas Letras Galegas 2006, coincidindo precisamente co centenario da RAG, que el cofundou e presidiu. Os primeiros capÃtulos afondan nas tres etapas da súa vida onde se desvelan, mercé a un intenso diálogo coa obra de LugrÃs e exhumando algúns textos descoñecidos, as claves dunha biografÃa marcada pola irredutible vontade de recuperar os nosos sinais de identidade. Ademais, o volume (que aporta interesantes novidades) contén diversos apartados que percorren o seu lado máis humano a través da lembranza dos que foron os seus amigos; a relación, nalgúns casos amigable, que mantivo cos mestres do Rexurdimento; as claves do seu pensamento polÃtico; unha análise da súa produción creativa e, finalmente, un capÃtulo centrado en subliñar a súa actitude como firme defensor da lingua galega. Unha cronoloxÃa e unha boa bibliografÃa poñen o ramo a esta completa, esixente e rigorosa monografÃa elaborada polo profesor e crÃtico literario Ramón Nicolás.