Laxeiro por si mesmo

Laxeiro por si mesmo

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497829403
Año de edición:
Materia
NARRATIVA
ISBN:
978-84-9782-940-3
Páginas:
272
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
168
Alto:
241
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
CRONICA

Descuento:

-5%

Antes:

22,95 €

Despues:

21,80 €
IVA incluido

Laxeiro fronte a si mesmo e fronte a Xosé Otero Abeledo, o "eu" primixenio. Laxeiro nas súas propias palabras, sen intermediarios nin intérpretes, nunha conversa con Carlos G. Reigosa sobre o divino e o humano, e tamén sobre a pintura, o seu desafío radical. Laxeiro por si  mesmo, nu diante do espello, espontáneo e vital, sen disfraces... Iso contén este libro. Ben seguro, cando Laxeiro ollou por primeira vez o Pórtico da Gloria, a súa alma e a do Mestre Mateo xuntáronse nalgún recuncho do Marquesado da Romea e comezaron o seu parrafeo creativo, frutífero e se cadra interminable. Naceu así o pintor máis intuitivo, enérxico, axitador, libre e rebuldeiro da xeración de Os Renovadores da Vangarda Histórica galega. Rebelde contra as tradicións  localistas, Laxeiro converteuse no rexo forxador dunha estética granítica, sempre fiel ás raíces, pero tamén en profundo diálogo coas vangardas pictóricas internacionais. Deste xeito puido ser -e foino- un proteico revitalizador dos mitos galegos (na liña de Valle-Inclán e  de Cunqueiro), cunha expresión artística enxebre e universal á vez.Pintor de vigorosa ollada atlántica,, nunca deixou de buscar dentro del a autenticidade que distingue ós grandes creadores. Por iso, como ben escribiu X. Antón Castro, Laxeiro é "un dos pintores máis significativos e innovadores da España dos últimos setenta anos".  Algo que ninguén discute no centenario do seu nacemento. Laxeiro por si mesmo, inclúe a conversa que aínda permanecía inédita realizada por  Carlos G. Reigosa, tres epílogos sobre o xenial pintor de Botos preparados por X. Antón Castro e os pintores Antón Patiño e Leopoldo Nóvoa, ademais de sesenta e catro páxinas a cor que constitúen tanto un percorrido fotobiográfico como unha escolma da súa obra pictórica.

Otros libros del autor en Libreria Letras

Materia en Libreria Letras

Xerais en Libreria Letras

  • A-z -5%
    Titulo del libro
    A-z
    Fraga, Xesús
    Xerais
    "A-Z" de Xesús Fraga é un xeito de guía sentimental de Londres, escrita dende o punto de vista dun fillo dos...
    No disponible

    13,85 €13,16 €

  • Os Mornias -5%
    Titulo del libro
    Os Mornias
    González, Lola
    Xerais
    Os Momias son un grupo de rapaces e rapazas que viven en Fiúncho de Quinín, unha vila coma tantas outras. Un ...
    No disponible

    9,95 €9,45 €

  • A cidade maldita -5%
    Titulo del libro
    A cidade maldita
    Abella Chouciño, Xelucho
    Xerais
    O pai de Cibrán, un neno de doce anos, é grande afeccionado a visita-los castros e a contarlles a el e mailo ...
    No disponible

    8,80 €8,36 €

  • Monbars o Exterminador -5%
    Titulo del libro
    Monbars o Exterminador
    Puentes, Hixinio
    Xerais
    Monbars o Exterminador de Hixinio Puentes é unha novela de aventuras, con alento de Stevenson ou John Steinbec...
    No disponible

    22,50 €21,38 €

  • Contos colorados -5%
    Titulo del libro
    Contos colorados
    Cuba, Xoán R.;Reigosa, Antonio;Miranda, Xosé
    Xerais
    Estes Contos colorados son unha mostra ampla, seria, competente e representativa das narracións eróticas da t...
    No disponible

    47,10 €44,75 €