Descuento:
-5%Antes:
Despues:
34,49 €Este libro, coordinado polo profesor Arturo Casas, márcase o obxectivo de elaborar unha achega sistemática e cohesionada sobre a CrÃtica no marco xeral dos Estudos literarios. Para alcanzalo, comeza por delimitar a identidade da CrÃtica como disciplina e por dirimir o lugar e funcións que lle corresponden en tanto actividade social, cuestións tratadas no primeiro dos seus tres bloques, "Aspectos teóricos". No segundo e no terceiro, "A CrÃtica e os xéneros" e "A CrÃtica e o espazo interartÃstico", expóñense as claves analÃticas de diversos métodos crÃtico-literarios e efectúanse aplicacións concretas dos seus operativos sobre os arquixéneros recoñecidos pola Poéticas clásicas ou modernas (narrativa, poesÃa, teatro e ensaio) e sobre diferentes clases textuais ou discursivas (o diálogo, a descrición, a narración ou a argumentación, entre outras). Tamén se revisan neses percorridos problemas tan relevantes como a experiencia da lectura, a ficcionalidade ou a propia noción de xénero e as súas posibilidades tipolóxicas. "Elementos de CrÃtica literaria" é un manual vinculado á ampla experiencia docente e investigadora do grupo de TeorÃa da literatura e Literatura comparada da Universidade de Santiago de Compostela (TLLC-USC). Dos capÃtulos do libro responsabilizáronse especialistas en cada un dos sectores delimitados polo coordinador, de maneira que aos panoramas de conxunto puido sumarse en cada caso un pormenorizado estado da cuestión que presenta con rigor a tradición académica e asemade achega información moi precisa sobre o rico e complexo debate actual en torno ao feito literario e cultural. Son autores da obra: Anxo AbuÃn González, Silvia Alonso, Fernando Cabo Aseguinolaza, Arturo Casas, Iris Cochón Otero, César DomÃnguez, Antonio J. Gil, MarÃa do Cebreiro Rábade Villar, Angeles RodrÃguez Fontela, Norma RodrÃguez González, Iria Sobrino Freire, Teresa Vilariño Picos e DarÃo Villanueva.