Ela, piedade dos suicidas

Ela, piedade dos suicidas

Editorial:
Baia
EAN:
9788499951607
Año de edición:
Materia
NARRATIVA
ISBN:
978-84-9995-160-7
Páginas:
56
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
145
Alto:
225
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 3-4 dias)
Colección:
SIN COLECCION

Descuento:

-5%

Antes:

5,20 €

Despues:

4,94 €
IVA incluido
Comprar

Obra gañadora do XI Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques (modalidade adultos) 2014.
 Segundo o xurado, Ela, piedade dos suicidas é unha nova visita ao vello mito grego de Orfeo e Eurídice que se fixera xa texto dramático na perdida traxedia de Esquilo e que continuou reescribíndose de xeito  incesante dando lugar a creacións moi variadas ao longo de máis de dous milenios. Este actual Orpheo é máis poeta que bardo; a súa arte lírica é sortilexio e salvoconduto para obter o privilexio de saír do furado negro infernal. A vontade transgresora da peza move os marcos do gusto hoxe dominantes cunha orixinal mestizaxe de xéneros, pois presenta unha proposta en verso libre que imprime alento de eternidade  a unha escena de marcado carácter obxectual, cohabitada por sombras, pantallas, máscaras e, quizais, mómaros.
 O autor materializa aquel vello soño de Rafael Dieste de atopar o sublime estilo oral das estatuas, recuperando a paradoxal estratexia das derradeiras montaxes do Teatro Antroido, onde unha opulenta disposición de aparellos se batía contra o desposuimento reinante no contorno. A achega, asemade, logra transmitir unha percepción coherente e anovada do mundo, sen abandonar as estruturas definidoras do mito. Somete á nosa consideración cal dos dous ámbitos é máis infernal: o do alén ou o dunha "vida" que aniquilou a Eurídice por sobredose de heroína na cámara nupcial. Nesas, só os adxectivos son quen a redimirnos. E grazas.
 Contén esta peza as claves dun proxecto escénico moi ambicioso conseguido mediante o recurso aos obxectos, o que o fai viable nestes tempos de recortes económicos e, xa que logo, de elencos retraídos. A calidade lírica das falas dos personaxes é altísima e dá moita profundidade a unhas figuras dramáticas deseñadas cunha técnica moi rendible e pouco vista hoxe.
 Reivindica a potencialidade enriquecedora da palabra en escena de modo  que o texto se dá a valer coa dignidade propia do que non é un simple  pretexto ou produto subordinado.

Otros libros del autor en Libreria Letras

  • Os reloxos preguiceiros de Néboa -5%
    Titulo del libro
    Os reloxos preguiceiros de Néboa
    Lama, Xavier
    Xerais
    Na cidade de Néboa vívese unha aparente rebelión de todos os reloxos, que deixan de contar o tempo. A alcald...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    17,50 €16,63 €

  • Moradores da nada, os (nl) -5%
    Titulo del libro
    Moradores da nada, os (nl)
    Lama, Xavier
    Galaxia
    Nestes contos, que recibiron o premio Álvaro Cunqueiro de 1995, hai un  saibo amargo e escuro, contrapesado po...
    No disponible

    17,50 €16,63 €

Materia en Libreria Letras

Baia en Libreria Letras

  • Ana e a lúa lueira -5%
    Titulo del libro
    Ana e a lúa lueira
    Núñez Álvarez, Xosé Antón
    Baia
    ?Un conto e un canto? As nenas e os nenos gozan escoitando contos e cancións. Ademais, a través dos pers...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    13,50 €12,83 €

  • Xela volveuse vampira -5%
    Titulo del libro
    Xela volveuse vampira
    Casalderrey, Fina
    Baia
    Con esta colección pretendemos romper coa tendencia nos contos infantís de asignar roles estereotipados a nen...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    8,80 €8,36 €

  • Test de galego para oposicions -5%
    Titulo del libro
    Test de galego para oposicions
    Fraga Celeiro, Xoán Carlos
    Baia
    O presente volume pretende ofrecer un método práctico orientado á preparación da proba de lingua galega no ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    14,35 €13,63 €

  • AUGA E LUME -5%
    Titulo del libro
    AUGA E LUME
    Tobaruela, Pere
    Baia
    Gañadora 'ex aequo' do VIII Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Meiga Moira 2018  Deva, a moza d...
    No disponible

    15,45 €14,68 €

  • Árbores froiteiras en Galicia -5%
    Titulo del libro
    Árbores froiteiras en Galicia
    Camacho Literas, Juan Luis
    Baia
    Esta guía representa o mellor instrumento para a plantación e mantemento de árbores froiteiras en Galicia. E...
    No disponible

    12,20 €11,59 €