Do descontento á acción

Do descontento á acción. A construción social da protesta campesiña en Galiza

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497821261
Año de edición:
ISBN:
978-84-9782-126-1
Páginas:
256
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
UNIVERSITARIA

Descuento:

-5%

Antes:

23,00 €

Despues:

21,85 €
IVA incluido

"Do descontento á acción. A construción social da protesta campesiña en Galiza" analiza, a partir das achegas da psicoloxía social, a participación dos labregos e labregas nas mobilizacións campesiñas da década dos anos noventa. Na nosa sociedade a participación en movementos sociais e accións colectivas é unha forma habitual de facer  política. Por que e como se xeran as accións colectivas e por que chegaron a ser unha práctica tan común son preguntas centrais no libro  de Concha Fernández e Xosé Manuel Sabucedo. As distintas tradicións na análise social suxiren múltiples respostas: porque as persoas se senten agraviadas, porque teñen recursos para mobilizarse e aproveitan  as oportunidades políticas para protestar, porque construíron identidades colectivas politizadas... Non obstante, a pregunta de por que nacen os movementos sociais e accións colectivas é diferente á de por que os individuos participan. Obviamente se ninguén participa, non  hai movemento nin accións colectivas, pero tampouco o descontento compartido, por moi alto que sexa, xera automaticamente movementos de protesta. Son necesarios, ademais de recursos e oportunidades, poderosos motivos para transformar o descontento en acción. Analizar a  mobilización da acción é a cerna desta obra en que, á par dun preciso  estudo de caso das protestas campesiñas dos anos noventa, se achegan  reflexións e ferramentas analíticas absolutamente imprescindíbeis para comprendermos a acción colectiva, a participación política e a sociedade dos nosos tempos.

Xerais en Libreria Letras

  • O Chispas -5%
    Titulo del libro
    O Chispas
    Rivas, Manuel
    Xerais
    O Chispas é músico. A el gustaríalle ser un artista cósmico, pero aos ollos da xente non é máis ca un sim...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    13,95 €13,25 €

  • O meu irmono -5%
    Titulo del libro
    O meu irmono
    O Hematocrítico
    Xerais
    Marta ten un irmán moi raro. É un mono! Un conto de humor sobre as diferentes formas de ver o mundo. ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    11,50 €10,93 €

  • A raíña galega -5%
    Titulo del libro
    A raíña galega
    Durán, Xosé
    Xerais
    Nacín hai xa moitos séculos. Son a lingua galega, filla dunha poderosa  raíña e duns belicosos reis que mor...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    13,95 €13,25 €

  • Guía das plantas de Galicia -5%
    Titulo del libro
    Guía das plantas de Galicia
    García, Xosé Ramón
    Xerais
    A "Guía das plantas de Galicia", do botánico Xosé Ramón García, é un instrumento imprescindible para o co...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    55,95 €53,15 €

  • Desfeita -5%
    Titulo del libro
    Desfeita
    Gonsar, Camilo
    Xerais
    No disponible

    11,85 €11,26 €