Confusión e morte de María Balteira

Confusión e morte de María Balteira

Editorial:
Baia
EAN:
9788492630585
Año de edición:
ISBN:
978-84-92630-58-5
Páginas:
144
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
200
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)
Colección:
SIN COLECCION

Descuento:

-5%

Antes:

13,80 €

Despues:

13,11 €
IVA incluido
Comprar

Non sorprende que o libro Confusión e morte de María Balteira teña acadado unha cuarta edición [...]. Porque é un libro de relatos dun alto nivel literario. Dicir iso non sería máis que loanza baleira, a non ser pola verdade que conteñen estas palabras, desde a calidade e riqueza da lingua galega na que están escritos até as moitas facetas que ofrecen con respecto ao contexto galego, da perspectiva feminina, das tramas tanto orixinais como arquetípicas. Pensamos que o estilo da autora, Marica Campo, vai levado por un ritmo  de auga e natureza, ritmo creado pola relación variada e insistentemente contigua que hai na súa narrativa entre a muller, o mundo vexetal e animal. O espazo habitado polas mulleres e os homes que coñecen é tamén un mundo partillado polas ánimas. A miúdo a voz narrativa avanza case bailando a través das descricións, un ritmo poético que semella vir dun fluír do inconsciente, dunha psicoloxía rescatada das lembranzas dun pasado, ás veces vivido e gozado e outras  veces case totalmente esquecido [...]. O público lector en galego sabe que o pasado remoto da terra non carece de incidencia na realidade actual, aínda que mans e voces alleas (tamén algunhas galegas) teñan contribuído a unha conceptualización pintoresca dunha Galiza máxica. Por tanto, a maxia -desde esta perspectiva do papel que  contribúe á fundación dunha identidade cultural- é máis que unha ollada que se defina como sensíble ao irracional. O mundo encantado e imaxinado non presenta dificultades de interpretación: a maxia é quen de suxerirnos moitas cousas, todas feiticeiras ou atraentes, esenciais  para comprendermos o que é a nación galega [...]. Kathleen March

Otros libros del autor en Libreria Letras

Baia en Libreria Letras

  • Manual práctico de galego -5%
    Titulo del libro
    Manual práctico de galego
    Beltrán Carballeira, Ramón X.
    Baia
    O Manual práctico de galego forma parte da colección que Baía Edicións  dedica a poñer en mans das persoas...
    No disponible

    24,00 €22,80 €

  • Terra e nostalxia Galicia rural. -5%
    Titulo del libro
    Terra e nostalxia Galicia rural.
    Luo, Gwendolyn
    Baia
    Velaquí temos entre as mans, nos tempos da imaxe, o que quere ser un receitario para recoñecernos no noso pro...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    11,06 €10,51 €

  • Gramática da lingua galega -5%
    Titulo del libro
    Gramática da lingua galega
    AA.VV
    Baia
    2ª Edición corrixida    A Gramática práctica da lingua galega. Comunicación e Expresión&nb...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    39,66 €37,68 €

  • A illa do silencio -5%
    Titulo del libro
    A illa do silencio
    Nº 30
    Vázquez Álvarez, David D.
    Baia
    A Illa do Silencio conta as aventuras dun rapaz calquera, nacido na ribeira do río Sil, que abandona o seu ber...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    11,75 €11,16 €

  • CASAS DE ANIMAIS -5%
    Titulo del libro
    CASAS DE ANIMAIS
    Wilkes, Angela
    Baia
    Entra de cheo no mundo da ciencia grazas a esta fantástica colección de libros.    Fotogr...
    No disponible

    10,00 €9,50 €