Cantigueiro de Compostela

Cantigueiro de Compostela

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788411764124
Año de edición:
ISBN:
978-84-11-76412-4
Páginas:
96
Encuadernación:
TAPA DURA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
120
Alto:
160
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)
Colección:
Biblioteca Literaria do Consorcio de Santiago

Descuento:

-5%

Antes:

17,50 €

Despues:

16,63 €
IVA incluido
Comprar

O cancioneiro popular galego é unha creación colectiva, oral e normalmente anónima. Un dos alicerces da nosa Cultura con maiúsculas, pois todo é cultura, malia que algúns diletantes aínda queiran poñer por enriba o creado en soidade sobre unha escribanía que as creacións do pobo entre cantos, viños e danzas. Esta recompilación é froito tamén dunha obra colectiva. Os escolmadores beberon dos estudosos e recompiladores que os precederon, comezando polo padre Sarmiento no século XVIII e rematando con Dorothé Schubarth e Antón Santamarina no século XX, pasando por Saco e Arce e Domingo Blanco. Foron eles, co seu traballo e esforzo, quen nos permitiron coñecer estas cantigas transmitidas xeración tras xeración, case sempre por mulleres, que, doutro xeito, estarían perdidas para sempre no remol do tempo. Este Cantigueiro de Compostela esta conformado por dous grupos ben diferentes de cantigas: por unha banda as recollidas en Santiago de Compostela, especialmente no lugar de Folgoso, na parroquia de Santa María de Figueiras, e, pola outra, aquelas onde se menciona á cidade, o seu santo, os seus mosteiros, de San Martiño a San Francisco, e algunhas das rúas máis senlleiras, do Vilar á Calderería, ou lugares, como Conxo e o Pico Sacro, o monte Illicinus do Códice calixtino, desde onde os peregrinos ven por vez primeira as ansiadas torres da catedral. Quen hoxe paseamos e volvemos pasear polas súas rúas lousadas quedamos  prendidos de Santiago, como o fixeron quen moito antes nos precederon  e o cantaron, como demostran o monllo de cantigas que seguen.

Otros libros del autor en Libreria Letras

Galaxia en Libreria Letras

  • Costa Norte/ZFK -5%
    Titulo del libro
    Costa Norte/ZFK
    Borrazás Fariña, Xurxo
    Galaxia
    Xurxo Borrazás fai unha incursión nunha zona de pesadelo industrial cun espazo físico e unhas relacións soc...
    No disponible

    23,90 €22,71 €

  • A avoa e mais eu -5%
    Titulo del libro
    A avoa e mais eu
    Bröger, Achim
    Galaxia
    Esta é a historia de Jutta, unha rapaza que, ao volver do colexio, encontra na cociña unha nota da súa avoa,...
    DISPONIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    8,00 €7,60 €

  • Cousas de Farruco -5%
    Titulo del libro
    Cousas de Farruco
    Nº 180
    Louro Lestedo, Farruco
    Galaxia
    Son Farruco Louro Lestedo, e alá polos anos sesenta do século pasado fun concibido nos miolos dun urbanita ch...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    16,30 €15,49 €

  • A PEL DO MUNDO -5%
    Titulo del libro
    A PEL DO MUNDO
    Nº 221
    Dávila, Berta
    Galaxia
    No disponible

    10,90 €10,36 €

  • Falou un queixo -5%
    Titulo del libro
    Falou un queixo
    Kühn-Bode, Heidi
    Galaxia
    Quererás comelo dun bocado, pero hache saír antes unha gargallada tan grande coma un queixo. Con este li...
    No disponible

    13,85 €13,16 €