Así canta Galicia

Así canta Galicia. A Galicia polifónica en dous cambios de século

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483025437
ISBN:
978-84-8302-543-7
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
CRONICA

Descuento:

-5%

Antes:

29,00 €

Despues:

27,55 €
IVA incluido

As máis de 200 agrupacións corais existentes en Galicia, que agrupan hoxe en día a máis de sete mil persoas, traballadores anónimos e constantes que non regatean esforzos e repiten unha e outra vez nos ensaios ata acadaren o nivel axeitado, son importantes transmisores dun patrimonio cultural musical, insuficientemente valorado e pouco coñecido. Velaí a razón de ser de Así canta Galicia, homenaxear a cada  unha destas agrupacións polifónicas, distribuídas por todo o país, tamén pequenas lumieiras no firmamento cultural de Galicia. Así canta Galicia é o primeiro libro que profundiza na historia e na situación actual das corais, converténdose nunha pequena enciclopedia de consulta obrigada sobre as corais, os orfeóns e os directores das diversas agrupacións existentes en Galicia. Preparado por Nicolás Camino -veterano profesional da Radio Galega, primeira voz en saír ao aire nos micrófonos da emisora autonómica, director dos programas musicais "Asi canta Galicia" e "Concerto popular", e sempre vencellado  ao mundo musical-, o libro complétase cun documentadísimo prólogo do académico Xesus Ferro Ruibal e cun CD que inclúe 19 pezas interpretadas por outras tantas agrupacións. Un documento sonoro, elaborado en boa medida gracias ao arquivo sonoro da Radio Galega, que  constitúe unha magnífica antoloxía da Galicia polifónica en dous cambios de século. Unha obra de referencia para as agrupacións corais e para tódolos afeccionados á música popular.

Xerais en Libreria Letras

  • O libro negro da lingua galega -5%
    Titulo del libro
    O libro negro da lingua galega
    Callón, Carlos
    Xerais
    Por vez primeira un libro céntrase en recoller e explicar testemuños da represión lingüística en Galiza ao...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    27,90 €26,51 €

  • Tic-Tac -5%
    Titulo del libro
    Tic-Tac
    De Toro, Suso
    Xerais
    Xa van dez anos dende que se publicara "Tic-Tac" por primeira vez, unha obra que o seu autor, Suso de Toro, def...
    No disponible

    25,95 €24,65 €

  • Terrorista -5%
    Titulo del libro
    Terrorista
    Updike, John
    Xerais
    " Terrorista " , a primeira obra en galego de John Updike, é  a historia de Ahmad Ashmawy Mulloy, un...
    No disponible

    25,95 €24,65 €

  • Pepa A Loba -5%
    Titulo del libro
    Pepa A Loba
    Reigosa, Carlos G.
    Xerais
    Pepa A Loba, a muller por antonomasia do bandoleirismo galego, ten por  fin a súa novela de raigame histórica...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    19,95 €18,95 €

  • Homes de tras da Corda -5%
    Titulo del libro
    Homes de tras da Corda
    Reigosa, Carlos G.
    Xerais
    No disponible

    10,60 €10,07 €