Aprender a convivir

Aprender a convivir

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497824927
Año de edición:
ISBN:
978-84-9782-492-7
Páginas:
152
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
130
Alto:
210
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

Descuento:

-5%

Antes:

12,05 €

Despues:

11,45 €
IVA incluido

O obxectivo de aprender a convivir forma parte, cando menos de forma implícita, de todo o proceso educativo. Historicamente, ao sistema educativo, xunto coa familia, asignábaselle a aprendizaxe das normas de convivencia elementais para vivir en sociedade. O Informe á UNESCO da Comisión internacional sobre a educación para o século XXI, presidida por Jacques Delors, resalta o de aprender a convivir como un  dos catro piares en que se debe sustentar a educación para o novo século. Aprender a convivir non é só un requirimento formal das nosas leis educativas senón unha necesidade inaprazable de todo proxecto educativo, tanto da familia como do conxunto do sistema educativo, sen  esquecernos dos medios de comunicación social. A aprendizaxe dunha convivencia respectuosa e solidaria é responsabilidade de toda a cidadanía e non só do profesorado. Todos os cidadáns deben achegar o seu grao de area para favorecer unha convivencia positiva nos diferentes ámbitos da vida: familia, escola, traballo, barrio ou cidade. Este libro é froito do programa educativo, promovido pola Concellería de Educación e Muller do Concello de Vigo, co obxectivo de aprender a convivir co conflicto de forma natural e positiva, favorecer hábitos de convivencia democrática nunha sociedade cada vez máis multicultural  e rexeitar a violencia como forma de resolución de conflictos. O autor, Xesús R. Jares, propón, dende unha cultura de paz, unha reflexión en profundidade sobre a problemática actual da convivencia dentro dos centros escolares, así como liñas de actuación educativa, baseadas na participación da comunidade educativa, a mediación e a resolución non-violenta dos conflictos. O volume complétase cun anexo documental onde se inclúe información sobre as características do programa promovido polo Concello de Vigo e os textos completos das declaracións sobre a violencia (Sevilla 1986), o Manifesto 2000 para unha cultura de paz e a non violencia, e da Declaración universal dos dereitos humanos.

Otros libros del autor en Libreria Letras

Xerais en Libreria Letras

  • A casa de Adara -5%
    Titulo del libro
    A casa de Adara
    Conde, Alfredo
    Xerais
    A casa de Adara están unidos, como xa fixera hai vinte anos na súa primeira entrega narrativa -Mementos de vi...
    No disponible

    12,15 €11,54 €

  • Diario secreto de Adrián Mole -5%
    Titulo del libro
    Diario secreto de Adrián Mole
    Townsend, Sue
    Xerais
    Adrian Mole, un enamorado adolescente británico, detalla no seu diario  de forma exhaustiva cada instante da s...
    No disponible

    13,40 €12,73 €

  • Calendario 2016 emigración -5%
    Titulo del libro
    Calendario 2016 emigración
    AA.VV
    Xerais
    Calendario fotográfico de parede (30 cm de ancho por 60 cm de alto) con 13 fotografías da colección Emigraci...
    No disponible

    12,95 €12,30 €

  • Granito -5%
    Titulo del libro
    Granito
    Alonso, Álex
    Xerais
    Baseada no famoso crime de Nigrán acontecido en xaneiro de 1994, esta novela de Álex Alonso, galardoada co Pr...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    22,50 €21,38 €

  • Obra dramática de Francisco Taxes -5%
    Titulo del libro
    Obra dramática de Francisco Taxes
    Taxes, Francisco
    Xerais
    ' ' Escritor maldito nunha cultura tanto tempo maldita ' ' , como o describiu Manuel Rivas ...
    No disponible

    28,95 €27,50 €