A rebelión municipal

A rebelión municipal. Unha esperanza para Galicia

Editorial:
Xerais
EAN:
9788475071848
Año de edición:
ISBN:
978-84-7507-184-8
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
ENSAIO

Descuento:

-5%

Antes:

18,80 €

Despues:

17,86 €
IVA incluido

"A rebelión municipal. Unha esperanza para Galicia" é un libro que nace para a reflexión e o cambio. Amosando feitos e cifras reiterativas dificilmente cuestionables. Expoñendo conductas e políticas nas que afloran valores e xeitos de facer colectivos. Espindo outra vez ó municipalismo galego e os trazos básicos que o caracterizan: orzamentos raquíticos, dependencias estructurais, clientelismos múltiples, urbanismo feble ou inexistente, xestión manifestamente mellorable, escaso investimento en capital humano, competencias diminuídas, reducida dimensión política. Por iso este libro de Xoaquín Alvarez Corbacho, conselleiro (Area de Corporacións Locais) do Consello de Contas de Galicia, defende unha tese rotunda, clara, explícita que se pode resumir nos seguintes termos. A agonía do  municipalismo galego é o alto prezo a pagar polo desenvolvemento de estratexias múltiples que os gobernos autonómico e provincial levan a cabo para reproducirse no poder. Son estratexias fundamentadas en mecanismos de subordinación e de rendicións sen fin. Repartindo subvencións e axudas xenerosas con criterios ideolóxicos e incentivando a irresponsabilidade fiscal. En ambos casos redúcese a autonomía política e dánase profundamente a relación democrática. O municipio atrofia así a súa xenuína dimensión político-institucional e  convértese en instrumento electoral ou partidario. A presencia de redes clientelares espalladas ou consolidadas ten na súa institución municipal o derradeiro elo que garante a súa eficacia e funcionalidade.Esta obra é unha guía imprescindible para coñecer os novos vieiros que debe percorrer o novo municipalismo galego. A reforma das facendas locais, os cambio no seu tipo de financiamento e solvencia financieira e no ámbito urbanístico, o desenvolvemento do pacto local son, entre outros, os aspectos que se abordan con claridade e rigor neste libro, especialmente dirixido a todas aquelas persoas vencelladas co municipalismo.

Xerais en Libreria Letras

  • O día que choveron gatos -5%
    Titulo del libro
    O día que choveron gatos
    Mejuto, Eva
    Xerais
    Catarina múdase desde a gran cidade a unha pequena, gris e aburrida vila, ou iso pensaba ela. Aínda por riba,...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    12,95 €12,30 €

  • Técnicas e xogos cooperativos para todas as idades -5%
    Titulo del libro
    Técnicas e xogos cooperativos para todas as idades
    R. Jares, Xesús
    Xerais
    Malia posuíren unha finalidade educativa en si mesmos, os xogos non son neutrais. A través deles podemos apre...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    18,95 €18,00 €

  • Españois todos -5%
    Titulo del libro
    Españois todos
    De Toro, Suso
    Xerais
    Neste libro o escritor Suso de Toro, recente Premio Nacional de Narrativa 2003 por Trece badaladas, pon as cart...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    21,95 €20,85 €

  • Solimán -5%
    Titulo del libro
    Solimán
    Fraga, Xesús
    Xerais
    "Solimán" relata, cunha ollada irónica e tenra, as vidas dos rapaces que medraron a cabalo dos setenta e dos ...
    No disponible

    19,50 €18,53 €

  • A morte de A. -5%
    Titulo del libro
    A morte de A.
    Angueira, Anxo
    Xerais
    No disponible

    14,35 €13,63 €