A memoria de Cambados

A memoria de Cambados

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497823265
Año de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-9782-326-5
Páginas:
96
Encuadernación:
TAPA DURA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
ALBUM DE POSTAIS

Descuento:

-5%

Antes:

9,95 €

Despues:

9,45 €
IVA incluido

Carlos Diáz Martínez recolleu no presente volume oitenta documentos, a  maior parte deles tarxetas postais publicadas entre 1900 e 1930, que permiten a recuperación da memoria gráfica do concello de Cambados. Testemuños de grande calidade na fotografía e na impresión que facilitan un percorrido polo variado patrimonio histórico e monumental  desta vila mariñeira, dende o magnífico pazo barroco de Fefiñáns e a praza do Mercado, o entorno da praza da igrexa de Santa Mariña de Ozo,  a praza do Concello, o paseo da Calzada, o pazo de Montesacro, o peirao de San Tomé, ata os labores mariñeiros nos peiraos. Percorrido visual que se completa coa reprodución de imaxes do entorno vilego, como o mosteiro de Meis, os muíños de Tragove, a Ponte Arnelas ou diversas paisaxes sobre a ría. O volume iníciase co ensaio, "A memoria daquel Cambados mariñeiro, fidalgo e soñador", escrito polo académico Francisco Fernández Rei. Testemuño que reconstrúe a historia desta fermosa vila deitada ao sol,  inzada de referencias literarias a Fermín Bouza Brey ou Ramón Cabanillas, entre outros. Velaí un percorrido exhaustivo, enchido de memoria familiar e erudita polo Cambados fidalgo e eclesiástico, polo Cambados ostreiro, polo Cambados mariñeiro, polo Cambados culto e soñador, polo Cambados da "primavera do 36" e polo posterior da "tráxica falta de luz". O volume complétase coa catalogación das pezas documentais e coa reprodución dos poemas "Diante do mar de Cambados" de Fermín Bouza Brey e "A Calzada de Cambados" de Ramón Cabanillas.

Materia en Libreria Letras

Xerais en Libreria Letras

  • 48 horas -5%
    Titulo del libro
    48 horas
    Paniagua Pousa, Cándido
    Xerais
    Ninguén imaxinaba que a gravación dun documental para a materia de Historia remataría de forma tráxica coa ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    13,95 €13,25 €

  • Penúltimas tendencias -5%
    Titulo del libro
    Penúltimas tendencias
    Nº 151
    Negro Romero, Carlos
    Xerais
    Este é un libro de versos que rompen as costuras do silencio; un álbum  secreto para todas aquelas mozas que ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    13,95 €13,25 €

  • Pomodoro -5%
    Titulo del libro
    Pomodoro
    Titimoki
    Xerais
    O oso Pomodoro vive tranquilo nunha pequena casa de cor vainilla rodeada de ducias de maceiras que coida con es...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    11,50 €10,93 €

  • As flores radioactivas -5%
    Titulo del libro
    As flores radioactivas
    Fernández Paz, Agustín
    Xerais
    Un estraño resplandor aparece no mar, nunha área coñecida como Fosa Atlántica. Nesa zona, durante ben de an...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    11,95 €11,35 €

  • A Venus de cristal -5%
    Titulo del libro
    A Venus de cristal
    Suárez, Chelo
    Xerais
    Pietro Puliani é un afamado vidreiro veneciano que posúe grandes coñecementos sobre alquimia e poderes adivi...
    No disponible

    20,50 €19,48 €