A figuración galega de Irlanda (1840-1936)

A figuración galega de Irlanda (1840-1936). De imaxe especular a modelo frustrado

Nº:
403
Editorial:
Laiovento, s.l.
EAN:
9788484875390
Año de edición:
Materia
HISTORIA
ISBN:
978-84-8487-539-0
Páginas:
900
Encuadernación:
RUSTICA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
140
Alto:
210
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
Ensaio - Pesquisa

Descuento:

-5%

Antes:

44,95 €

Despues:

42,70 €
IVA incluido
Avisar disponibilidad

Dende hai case dous séculos Irlanda foi constituída polo galeguismo como un dos principais referentes simbólicos de Galicia. Fose como cotexo da miseria propia, como evidencia xustificativa da proclamada natureza céltica do país, como estímulo para a mobilización do campesiñado ou como paradigma da loita nacional, Irlanda acabou por se  converter no discurso galeguista en modelo de inspiración para seguir  Galicia. O emparellamento deliñou unha representación dos dous suxeitos como nacións irmás desde as mesmas orixes, semellantes nos trazos caracterizadores e no seu destino histórico. A xénese ideolóxico-política da comparanza asignáballe unha función confirmadora da lexitimidade e a pertinencia das propostas galeguistas, o que volvía o retrato irlandés dependente dos cambios contextuais. De tal xeito que, preservando os fundamentos que autorizaban a relación de afinidade, a figura galega de Irlanda experimentou unha serie de adaptacións no decurso do tempo, amosando a  súa natureza conxuntural e maleable á comenencia. Neste senso, foron as necesidades do designio galeguista en cada circunstancia as determinantes primordiais da imaxe de Irlanda construída desde Galicia, val dicir, da selección, subliñado e esvaemento dos riscos do  seu perfil.

Otros libros del autor en Libreria Letras

Materia en Libreria Letras

Laiovento, s.l. en Libreria Letras