A cociñeira do rei

A cociñeira do rei

Editorial:
Oqo
EAN:
9788498715019
Año de edición:
Materia
LITERATURA INFANTIL: DE 0 A 12 A?OS
ISBN:
978-84-9871-501-9
Páginas:
36
Encuadernación:
TAPA DURA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
250
Alto:
230
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

Descuento:

-5%

Antes:

13,50 €

Despues:

12,83 €
IVA incluido

O rei tiña unha pena como unha nube negra,
 que non o deixaba pensar.
 E, cando un non pensa, todo sae mal:
 as estradas tórcense, as pontes caen,
 os barcos perden as mercadorías...
 Os secretarios chegaban a palacio,
 un día si e outro tamén,
 coas carteiras cheas de problemas;
 pero, da cabeza do rei,
 non saía nada de nada.
 
 A un rei apesarado os problemas chóvenlle por todas partes. Logo de observalo con atención, unha comisión de sabios resolve que lle convén  cambiar de hábitos: pasear, facer exercicio pero, ante todo, cambiar de dieta. A falta dun bo chef, optan por convocar o posto e cubrir a vacante.
 
 Coas súas mellores receitas, preséntanse en palacio cociñeiros de todos os lugares. E tamén Mencía, unha cociñeira decidida que, malia ter visto que no bando poñía claramente que buscaban un cociñeirO, non  se acovarda e, botando man do recetario da súa avóa, que contén un segredo moi particular, elabora un menú que chega directo ao corazón do rei. Cal pode ser o segredo?, pregúntanse todos...
 
 O ben feito sempre é de proveito, pero se ademais, é aderezado con ilusión, agarimo e alegría, difícilmente pode saír mal.
 Este é un dos segredos de Mencía e a mensaxe optimista que nos transmite esta historia, creada por Soledad Felloza. A contadora uruguaia, afincada en Galicia, foi a gañadora do Premio de Narración Oral COCIÑA DE CONTOS, no que participaron contadores de España, Portugal e Polonia.
 
 A cociñeira do rei mergúllanos nun mundo de cores, sabores e olores característicos da cociña tradicional, a que
 se fai a lume manso, con amor e produtos frescos, da terra. Pero, da man de Mencía, descubrimos tamén o valor
 da pequenas cousas, do cotiá, xa que ela é capaz de elaborar manxares exquisitos baseados na sinxeleza dos
 seus ingredientes. Tamén fala dos afectos, de deixar una pegada de nós  naquelo facemos. Así, Mencía non pon
 só o coñecemento da receita, senón tamén o mimo, o coidado, o seu corazón.
 
 Sandra da Prada intentou coa imaxe plasmar todo un mundo de sabores e aromas, ofrecendo unha proposta plástica chea de frescura e de cor. A través dunhas imaxes limpas e luminosas podemos seguir as andanzas desta pequena roxa que logra converterse, en contra todo pronóstico, en cociñeira do rei.
 
 A ilustradora catalá reforza o caracter desenfadado da moza coa cor da  roupa: "Mencía leva un vestido fucsia porque é unha cor moi alegre e á vez moi gorentosa. A mestura deste co cabelo roxo e a súa pequena estatura pareceume que a facían máis rebuldeira e decidida, que é como  a vía. As formas redondeadas do vestido axudáronme a darlle dinamismo  e movemento."
 
 Para enfatizar o ton humorístico do conto, acompañan a Mencía dous gatos que, en palabras da ilustradora, "aínda que non saen no texto, conseguen facerse case tan protagonistas como ela: axúdana, fan trasnadas, participan da historia...".
 
 Tanto na narración escrita como na proposta plástica, a natureza cobra  un protagonismo especial: vasos con flores, plantas aromáticas... Dase a entender, pois, a importancia da natureza como fonte de inspiración de moitas receitas tradicionais.
 
 Unha historia que desborda optimismo polos catro costados e que nos ensina a valorar a cociña, non só como base da nosa cultura, senon como parte da nosa vida e das nosas emocións.

Materia en Libreria Letras

Oqo en Libreria Letras

  • A sopa quema -5%
    Titulo del libro
    A sopa quema
    Pérez Antón, Pablo
    Oqo
    Mamá Pimpona quere alimentar os seus famentos pimponciños, pero por nada do mundo recorrería a aqueles ...
    No disponible

    13,50 €12,83 €

  • Snail and little catterpillar -5%
    Titulo del libro
    Snail and little catterpillar
    Quintero, Armando
    Oqo
    Mr Snail was eating an enormous, tasty, green leaf. Caterpillar was eating another, the same. Eating from ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    9,00 €8,55 €

  • Empty-handed -5%
    Titulo del libro
    Empty-handed
    Tortosa, Ana
    Oqo
    It's Mario's birthday and he's invited Jane to tea. It's almost time, but Jane doesn't know what to give h...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    14,90 €14,16 €

  • ¡Qué robo más bobo! -5%
    Titulo del libro
    ¡Qué robo más bobo!
    Varela, Emma / Troncatti, Graziella
    Oqo
    La desconfianza es un sentimiento de duda que genera pensamientos negativos y nos hace ver personas deshonestas...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    15,90 €15,11 €

  • EL TRAGALDABAS -5%
    Titulo del libro
    EL TRAGALDABAS
    Albo, Pablo;Quarello, Mauricio A.C.
    Oqo
    La abuela decide prepararle a sus tres nietas una sorpresa en la bodega: pan con miel (Había olvidado que esa ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    15,90 €15,11 €