A cociña de Larpeiros. 150 receitas

A cociña de Larpeiros. 150 receitas

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498652024
Año de edición:
Materia
GASTRONOMIA
ISBN:
978-84-9865-202-4
Páginas:
180
Encuadernación:
TAPA DURA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
170
Alto:
200
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

Descuento:

-5%

Antes:

22,60 €

Despues:

21,47 €
IVA incluido

A riqueza e variedade da cociña tradicional galega é a base da que parte Benigno Campos para elaborar 150 receitas de cociña no seu libro  A cociña de Larpeiros. O popular cociñeiro do programa Larpeiros, da Televisión de Galicia, propón un percorrido saboroso pola cociña galega de sempre, tradicional e sinxela, á que engade unha achega persoal en cada un dos pratos propostos e a recomendación dun viño axeitado para os acompañar. O libro vai precedido dun limiar do escritor Xosé Cermeño e ponlle cabo o epílogo do xornalista Tomás Alonso. O saber culinario de Benigno Campos Melón vénlle de Chapela, o  barrio que une Vigo con Redondela, ao pé da ría, onde medrou entre os  sacos, as latas e os aromas do negocio familiar de ultramarinos, e onde tivo un forno de pan a poucos pasos da súa porta e xogou nunha praia rica en ameixas, berberechos e beretes, lindante con leiras de leitugas e patacas. Logo, Benigno Campos acabou de facerse no Vigo fabril e sindicalista: traballou mirando ao mar para o que miran os estaleiros, as conserveiras, os naseiros, as redeiras, os bateeiros, as mariscadoras. Tal como afirma Xosé Cermeño no prólogo do libro, "Os  receitarios son comunmente lembrados polo nome dos seus autores, máis  que polo seu título. Falamos do Picadillo, ou do Simone Ortega, ou do  Escoffier. Seguramente falaremos no futuro deste libro como o Benigno, o receitario que compilou unha cociña popular, apegada á terra e á memoria". Un libro de receitas que é útil á vez que gorentoso, que pola súa utilidade aproveita para cociñar e tamén aproveita ao padal. O mester da cociña, amais de innovar e experimentar, cómpre que conserve os sabores, texturas e recendos que constitúen a base da memoria gastronómica galega. A que fai lembrar aqueles guisos sólidos, cabais, condimentados con fidelidade aos sabores da infancia e do país. Por esa razón, A cociña de Larpeiros é un libro honesto, no que a cociña propia de Galicia se arrequenta coa doutras tradicións foráneas.
 Velaquí unha selección de receitas que Benigno Campos nos presenta tentando cubrir a demanda dun gran número de seguidores do programa da  Televisión de Galicia, "Larpeiros".

Otros libros del autor en Libreria Letras

Materia en Libreria Letras

  • Catalunya bull -5%
    Titulo del libro
    Catalunya bull
    Pujado, Judit
    Editorial sidilla
    A Catalunya, cada any, hi ha cinquanta pobles i ciutats que treuen les  calderes o els perols al carrer per cui...
    No disponible

    20,00 €19,00 €

  • 100 PAELLAS Y UNA FIDEUÁ -5%
    Titulo del libro
    100 PAELLAS Y UNA FIDEUÁ
    Méndez-Trelles Díaz, Ignacio
    Sapere aude
    No disponible

    29,99 €28,49 €

  • LAS RECETAS DE JORGE -5%
    Titulo del libro
    LAS RECETAS DE JORGE
    AA.VV
    Espasa calpe
    Las recetas de Jorge transmiten la misma pasión que ha demostrado el madrileño a lo largo de todo el concurso...
    No disponible

    21,90 €20,81 €

  • Cocina gallega -5%
    Titulo del libro
    Cocina gallega
    AA.VV
    Rustika ediciones
    Este libro propone un apasionante viaje culinario por Galicia. Un sorprendente recorrido en el que descubrir lo...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    11,99 €11,39 €

  • COCIÑA GALEGA TRADICIONAL -5%
    Titulo del libro
    COCIÑA GALEGA TRADICIONAL
    Felpeto Lagoa, Matilde
    Xerais
    As receitas recollidas en " Cociña galega tradicional " pertencen ao legado culinario de Galicia. En...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    28,95 €27,50 €

Galaxia en Libreria Letras

  • O enigma de Mona Lisa -5%
    Titulo del libro
    O enigma de Mona Lisa
    Noel Toledo, María
    Galaxia
    Alí atopa o intimidante retrato do tío Alfonso, cuns ollos que a seguen onde queira que vaia. Aparecen cartas...
    No disponible

    14,40 €13,68 €

  • Afirma Pereira -5%
    Titulo del libro
    Afirma Pereira
    Tabucchi, Antonio
    Galaxia
    Un home común, un antiheroe que afronta a irrupción da historia e das súas esixencias na súa vida tranquila...
    No disponible

    17,00 €16,15 €

  • A MARXE, 1999 OBRA XORNALISTICA VIII (BCC) -5%
    Titulo del libro
    A MARXE, 1999 OBRA XORNALISTICA VIII (BCC)
    CASARES, CARLOS
    Galaxia
    Diálogo constante, cita obrigada e cotiá cos lectores, os artigos xornalísticos de Carlos Casares conforman ...
    No disponible

    20,10 €19,10 €

  • Das cousas de Ramón Lamote -5%
    Titulo del libro
    Das cousas de Ramón Lamote
    Martín, Paco
    Galaxia
    Ramón Lamote Miñato é profesor de chairego e debuxante de soños por encarga. A súa existencia é apracible...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    12,80 €12,16 €

  • Despois das ondas -5%
    Titulo del libro
    Despois das ondas
    Nº 4
    Is, Ernesto
    Galaxia
    Tras corenta anos no exilio, María Casares regresa á patria da súa infancia convertida nunha grande intérpr...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    12,40 €11,78 €